Outono Gastronómico 2015

Chegou setembro e bota a andar a 9ª edición do “OUTONO GASTRONÓMICO”.  Unha campaña que mestura o mellor turismo rural de Galicia coa gastronomía máis enxebre da nosa terra.

Desde o 11 de setembro e ata o 13 de decembro,  89 casas de Turismo Rural de Galicia abrirán as súas portas para vivir unha experiencia única.

Alí poderás desfrutar dunha fin de semana diferente;  onde ademáis da tranquilidade, a comodidade da estancia e as paisaxes que ofertan estes emprazamentos turísticos, poderás degustar unha  gastronomía repleta de encanto e co outono como referencia.

CASAS RURAIS OUTONO GASTRONÓMICO 2015
icono-a-corunaA Coruña          icono-lugoLugo          icono-pontevedraPontevedra          icono-ourenseOurense

Participantes Outono Gastronómico 2015

RESDES SOCIAIS

Facebook Outono Gastronomico TwittervOutono Gastronomico YouTube TurGalicia

Que é o “Outono Gastronómico”?

No “Outono Gastronómico” adaptámonos ao teu plan de fin de semana.
Elixe o que ti e os teus prefiran.

O Menú do “Outono Gastronómico” está composto por entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño de Denominación Galega de Orixe por 30€/persona.

precios-outono-gastronomico-2015-gal

Calendario

Dende o 11 de setembro e ata o 13 de decembro,  89 casas de Turismo Rural de Galicia abrirán as súas portas para vivir unha experiencia única.

Menú + Aloxamento

Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que incluiría:

• “Menú Outono Gastronómico” por persoa + aloxamento e
almorzo nunha das casas de turismo rural que participe nesta promoción (podendo escoller unha noite de venres ou sábado). O prezo deste paquete é de:

– 120€ para dúas persoas en habitación dobre

– 80€ para unha persoa en habitación individual

Pack Fin de Semana

E para unha escapada completa ofértase unha “Fin de semana Outono Gastronómico” que inclúe:

• “Menú Outono Gastronómico” por persoa + aloxamento e
almorzo nunha das casas de turismo rural que participe nesta promoción (puidendo escoller unha noite de venres ou sábado). O prezo é de:

– 200€/ 2 persoas en habitación dobre (fin de semana)

– 140€/ para una persona en habitación individual (fin de semana)

Fin de Semana Familiar

No caso de querer compartir esta experiencia en familia só hai que apuntarse á oferta de “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”
ondea topamos dúas posibilidades:

• Oferta Familiar con 1 nen@(ata 14 años) que inclúe:

2 “Menús Outono Gastronómico” por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en habitación dobre con cama supletoria (puidendo escoller unha noite de vernes ou sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

O prezo é de 260€/ 2 adultos +nen@.

• Oferta Familiar con 2 nen@ (ata 14 anos) que inclue:

2 “Menús Outono Gastronómico” por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dúas habitacións dobres (puidendo escoller unha noite de venres ou sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

O prezo é de 300€/ 2 adultos+ 2 nen@s.

Blog Outono Gastronómico

Casa Florinda

Lidia e Pedro son unha parella que fai quince anos decidiron emprender a fermosa aventura de reconstruír  unha casa de pedra e abrila ó público.  Situada na aldea de Pedre, no corazón da  provincia de Pontevedra, poderás gozar da paz e da tranquilidade que ofrecen as...

Casa A Pedreira

Situada en Cuntis, a carón do Camiño Portugués, Casa A Pedreira é unha antiga casona convertida agora nunha acolledora casa rural con encanto. O lugar ideal para gozar da túa fin de semana ‘Outono Gastronómico’, un lugar máxico, rodeado de árbores e natureza. A casa...

A Mimoseira

  Unha antiga edificación de pedra e madeira totalmente restaurada e que xorde no medio dunha  contorna natural, á beira do río Liñares, na parroquia estradense de Nigoi, en pleno corazón de Galicia e nun fermoso bosque de mimosas. A casa dispón de sete...

Concursos Outono Gastronómico

Outono Gastronómico V

Participa no noso concurso e gaña unha fin de semana Outono Gastronómico que inclúe dous menús  Outono Gastronómico por persoa + aloxamiento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e sábado). Tan só tes que facerte...

Outono Gastronómico IV

Participa no noso concurso e gaña unha fin de semana Outono Gastronómico que inclúe dous menús  Outono Gastronómico por persoa + aloxamiento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e sábado). Tan só tes que facerte...

Outono Gastronómico III

Participa no noso concurso e gaña unha fin de semana Outono Gastronómico que inclúe dous menús  Outono Gastronómico por persoa + aloxamiento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e sábado). Tan só tes que facerte...
FACEBOOK

Participa nos nosos Concursos

Atopar as mellores ofertas de Outono Gastronómico 2015

Concursos